Saturday 04 de May de 2024

O teatro das Torres de Santa Cruz acolle a obra “Azotea” do grupo de teatro amador Camtheam


O Concello de Oleiros acolle este domingo 7 de abril, ás 20 horas, no Teatro das Torres de Santa Cruz a última función do Ciclo de Teatro Marusía Escénica, coa posta en escena da obra “Azotea”, a cargo do grupo Camtheam (Cambre Teatro Amador).

O Ciclo Marusía Escénica chega á súa fin en Oleiros. Esta é a cuarta e última parada desta iniciativa impulsada polos Concellos de Oleiros, Bergondo, Sada e Cambre, en colaboración con Camtheam e a Asociación Cultural Catro Gatos, co obxectivo de fomentar as artes escénicas.

O acceso á sala é libre e gratuíto ata completar o aforo.